sábado, 28 de enero de 2012

Anguías agonizantes



     O 30 de setembro de 2011 fora dar un paseo pola carón do río Sar. Facía días que non chovía e a seca estaba facendo das súas. O caudal estaba tan minguado que nalgunhas zonas se podía cruzar o cauce sen que a auga subise do xeonllo. Tinguido de branco e con moita escuma... coma tantos outros días.



Pero este día foi diferente. Achegueime á beira da auga e atopei decenas de anguías. Facía anos que non vía ningún peixe! Pero non me alegrei tanto ó ver que estaban pelexando por sobrevivir á contaminación. Non había suficiente osíxeno na auga para poder respirar. Deseguida busquei unha perfia con auga limpa e púxenme a recoller anguías. Era moi sinxelo collelas porque estaban agonizando e non opuxeron apenas resistencia.

Aquel día sentía algo de culpabilidade por permitir que esto estivera pasando. Sinto que debo facer algo polo seu río e non noso! Estamos a quitarlle o seu medio de vida. Únete á defensa do Sar.

Aquí vos deixo algunha outra imaxe dese mesmo día:


No hay comentarios: