lunes, 5 de marzo de 2012

A CONCELLEIRA DE MEDIO AMBIENTE COMPOSTELANA RECIBE A REPRESENTANTES DA PLATAFORMA

Representantes da Plataforma pola Recuperación do Sar reuníronse no día de hoxe  coa concelleira de Medio Ambiente do concello de Santiago, á que lle expuxeron os obxectivos da Plataforma e a súa preocupación pola situación deste río e polas obras que deben acometerse nel para restaurar a súa condición. En canto ao concello de Santiago prantexáronlle a necesidade urxente de acometer as obras do colector do Sar, actualmente paralizado (segundo a concelleira depende máis da empresa que do propio concello, tendo a previsión da reanudación das mesmas no verán) así como a necesidade da axilización administrativa de todo o relativo á nova depuradora, a fin de que poidamos contar coa súa posta en funcionamento no 2015 sen demoras. En todo caso e mentres non se reanudan as obras do colector a Plataforma solicitou a posible instalación de algún tipo de barreira que impida que os residuos sólidos sigan saíndo ao río e de forma que periodicamente poidan ser recollidos, evitando, como sucede na actualidade, que sigan sendo arrastradas polas augas e depositándose ao longo do cauce.
Cómpre destacar a receptividade da concelleira, que se mostrou sensible á problemática do Sar . María Castelao, que manifestou coñecer a situación ambiental do río, sinalou o seu interese en que dentro dos prazos sinalados se leven a cabo as obras para o cal o concello ven traballando coordenadamente coa Xunta.
A Plataforma solicitou asi mesmo unha sensibilidade especial no coidado do patrimonio xa que no tramo entre a Ponte Vella de Arriba e o viaducto da Rocha  temos diversos elementos que cómpre ter en conta antes de meter maquinaria. Nesta zona encontramos asi mesmo o Camiño Portugués a Santiago; é lugar de entrada de peregrinos e polo mesmo onde estes teñen o o seu primeiro contacto coa cidade, polo que a imaxe coa que actualmente.se encontran non é precisamente a máis adecuada
A Concelleira manifestou  a súa disposición a recibir novas da Plataforma cando se detecten problemas puntuais, a fin de poder atendelos.
No seu interese de poñer en coñecemento de todo o vecindacio da cunca do Sar, a Plataforma fará proximamente a súa presentación en Ames

Santiago, 1 de marzo de 2012

No hay comentarios: