jueves, 22 de marzo de 2012

UN NOVO VERQUIDO AO RIO ROXOS

Unha vez máis a veciñanza de Villestro ten que denunciar os verquidos que se realizan de xeito sistemático ao Rio Roxos. Esta vez referímonos aos orixinados a carón da central de bombeo de augas residuais localizada en Vilastrexe (Villestro). Os verquidos neste punto son frecuentes polo mal funcionamento da estación de bombeo que provoca que se envien directamente ao río augas procedentes dos sumidoiros. Esta situación agrávase en época de choivas cando a capacidade da estación de bombeo se ve sobrepasada provocando un verquido continuado e masivo ao rio. Os pasados dias 16 e 17 de marzo producíronse verquidos de augas residuais sen depurar ao rio Roxos. Membros da AVV A Unión de Villestro deron parte dos feitos á policia autonómica e local que se personaron no lugar, ao igual que un operario de Aquagest. Tamén foi informado o governo municipal a través dun concelleiro veciño da parroquia.
Esiximos das Autoridades competentes que se repare dunha vez por todas a central de bombeo de Vilastrexe para que este tipo de sucesos non volvan acontecer.


AVV A Union de Villestro

http://www.villestro.org
Teléfono: 699-734815
UN NOVO VERQUIDO AO RIO ROXOS