jueves, 13 de septiembre de 2012

Dende a Plataforma pola recuperación do río Sar volvese a alertar do estado de abandono no que se atopan as infraestruturas de saneamento do concello de Santiago


Operarios dunha subcontrata da empresa  AGUAGES están estes días a realizar labores de limpeza da cunca do río Sar no  concello de Santiago. Cando  chegaron a altura do Viaduto da Rocha atopáronse  ca desfeita provocada por unha arqueta de conexión do saneamento do Milladoiro que verte ao río constantemente e xa denunciada varias veces polos veciños e pescadores.
Augas abaixo desta arqueta, nun treito duns 300 m, os operarios recolleron nestes días mais de 40 sacos de lixo, maioritariamente compresas,  trapos  e plásticos procedentes do colector de saneamento, e que se atopan expostos ao carón do Camiño Portugués a vista dos centos de peregrinos que este mes de agosto fan o camiño, como mostra da nosa desidia ecolóxica.
Esta limpeza no e a solución ao problema, xa que moito lixo queda nas marxes do río tapada pola maleza, e amais cando volva chover  a arqueta volvera a expulsar mais restos contaminantes  tanto sólidos coma disoltos, durante todo o inverno.
Este mesmo problema repítese augas abaixo da depuradora da Silvouta xa que tamén carece de medidas para evitar este problema nas augas que permanentemente alivia ao río Sar sen depurar, e onde sorprendentemente non se vai a proceder a executar estes traballos de limpeza.

A espera de que se retomen  de novo as obras do proxecto do interceptor xeral do río Sar, paradas dende hai un ano e da construción da nova depuradora, dende a Plataforma pola recuperación do río Sar esixen aos organismos competentes que se tomen medidas urxentes para evitar este flagrante delito ecolóxico, coma solución provisional dende a plataforma proponse a colocación gaiolas tamizantes ao redor desta arqueta e dos aliviadoiros que o vello colector ten o longo do seu percorrido, para evitar que os residuos sólidos expulsados dende o colector  e a depuradora queden esparexidos polas marxees do río dende Santiago a Padrón e así poder  garantir un pouco mais a calidade das augas, conservar a morfoloxía natural da cunca  e converter as marxes do río Sar en espazos de ocio mais agradables.

Santiago  25 agosto 2012





No hay comentarios: