domingo, 13 de diciembre de 2015

Colectivos denuncian diante da Comisión Europea o desleixo das Administracións nas rías e ríos da Galiza

Plataforma pola Recuperación do Sar é un colectivo que agrupa a veciñas e veciños de Santiago, Ames, Rois, Teo, Brión, Dodro e Padrón que traballan pola recuperación do lamentable estado en que se atopa o río Sar. Os vertidos continuos e os efectos dos embalses son o principal problema deste río que denuncian, “está na UCI”. Levan anos alertando do deficiente funcionamento da depuradora de Santiago.
“O Sar en grande parte do seu percorrido está declarado como Rede Natura. É unha burla á propia lexislación ambiental a situación de contaminación, que se prolonga ano tras ano sen que as nosas autoridades se tomen en serio a súa regularización”, denunciaron. “Os veciños de Ames, Brión, Teo, Rois, Padrón e Dodro sofren a contaminación provocada por Santiago, polo que son sete concellos os afectados, o que dá mostra da importancia desta afección”.

No hay comentarios: